www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

O PSOE reclama á Deputación a eliminación de barreiras arquitectónicas no campo de fútbol
Política • 5/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O grupo municipal socialista entende que debe ser a Deputación e non o goberno local quen asuma as obras de eliminación das barreiras arquitectónicas no campo de Santa Mariña. O concelleiro socialista Eduardo Reguera critica que "no ano 2014 unha administración pública como é a deputación de Pontevedra constrúa unha grada sen acceso para minusválidos".


A agrupación municipal socialista entende que "as barreiras arquitectónicas nunca deberon de aparecer na remodelación do campo de fútbol municipal", pero que unha vez que existen "ten que ser Deputación, a que realizou mal a obra, a administración que as elimine".


Por este motivo, o grupo municipal socialista levará á institución provincial unha iniciativa para que asuma o custe da eliminación das barreiras arquitectónicas no campo de fútbol e para que deste xeito unha persoa con mobilidade reducida poida gozar do deporte baixo a cuberta da nova bancada. En todo caso, o concelleiro conclúe que "esta actuación xa tiña que estar contemplada na obra inicial".


Critican tamén que dende o goberno local se ofreceran a asumir o custe da obra para a eliminación de ditas barreiras arquitectónica cando debe ser a administración que planificou a obra que asuma o arranxo das deficiencias que presenta.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: