Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Sesión de monicreques e contos infantís en Soutomaior
Cultura • 5/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

A biblioteca Luís Seoane de Soutomaior organiza este xoves ás 17:30 horas unha sesión de contacontos infantís para nenos a partir de cinco anos titulada "Amoriños contei". A actividade está enmarcada dentro do programa Xoves de Contos que a biblioteca organiza mensualmente co gallo de fomentar o hábito da lecturas entre os máis pequenos. O mércores terá lugar un novo obradoiro a cargo de Elisabeth Hillerud destinado á concienciación sobre a reciclaxe.


"Amoriños Contei" é un espectáculo de monicreques e contacontos de fontes diversas no que destaca a presenza do sentimento amoroso en cada unha das historia: o amor fraternal, de amizade, o dos namorados ou incluso o amor que sentimos por unha zapatillas vellas ou un libro especial. A representación ten unha duración aproximada dunha hora e a entrada é gratuíta.


Por outra banda, hxoe mércores celébrase un novo obradoiro ás 16:15 horas destinados á concienciación sobre a reciclase. Unha actividade que continuarán nos vindeiros mércores con unha sesión de manualidade para a elaboración de cadernos o mércores 12, confeccións de obxectos decorativos o día 19, e xa o último mércores de mes os participantes aprenderán a deseñar e construír paxaros de papel.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: