www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

Loira e Mauro pelexarán polas medallas no Campionato do Mundo de Natación de México
Deporte • 4/11/2014
Autor: Ana Prieto

Os nadadores Mauro Rodríguez Baliña e Loira Fernández Guardiola, do Racing Club Chapela, viaxan esta semana a México para participar coa selección española no Campionato do Mundo de Natación para deportistas con síndrome de Down. O seu adestrador, Enrique Carro, recoñece que están "moi ilusionados" ante esta transcendental cita "para eles e para Redondela".


Recoñece que foi "moi difícil" acadar o obxectivo, non polos resultados deportivos dos nadadores, que están a un gran nivel, senón polas dificultades económicas. Por iso se amosan moi agradecidos ao Concello de Redondela, a Fundación Filomena Rivero, e a outras institucións e empresas que os apoiaron para facer posible a súa participación no Mundial. O venres parten cara México. O seu destino é Morelia, onde se disputa o campionato ata o vindeiro 16 de novembro. Mauro competirá en 400 estilos, en bolboreta nas distancias de 200, 100 e 50, e en 200 estilos. Loira medirase ás mellores nadadoras en 100 e 200 bolboreta, 200 estilos, e en 400 e 100 libres. Carro confía nas opcións dos deportistas do Racing Club Chapela, e augura que volverán con algunha medalla, logo de demostrara que son os mellores das súas especialidades no Campionato de Europa. Participan nesta proba representando ao deporte español, por iso demandan máis axuda institucional. A súa petición chegou ao Senado, onde lembraron que os deportistas con síndrome de Down acadaron os mellores resultados nos últimos Xogos Paralímpicos. Agora confían en que o Consello Superior de Deportes escoite a súa petición e se implique con estes nadadores.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: