www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Chapela celebra o Día da ciencia en galego
Sociedade • 4/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Co gallo de reivindicar o uso do noso idioma no ámbito científico e como reacción contra o  decreto de plurilingüismo no que se prohibe a impartición das aulas científicas en galego naceu hai catro anos o Día da Ciencia en galego, unha data a celebrar cada 4 de novembro. Unha conmemoración á que se unen tamén no Instituto de Chapela que desenvolven nesta semana un programa de actividades no seu centro.


Co obxectivo de  mostrarlle  á  sociedade  a  variedade  e  riqueza  da  investigación  científica  que  se  realiza  empregando  a  nosa  lingua e para conmemorar esta data o o  Equipo  de  Dinamización  da  Lingua  Galega  e  os  departamentos  da  área  de  Ciencias  (Física  e  Química,  Matemáticas,  Tecnoloxía  e  Bioloxía  e  Xeoloxía)  do  IES  de  Chapela  organizan  dúas actividades nesta semana.


Así hoxe ás  12:30h  o profesor da Facultade de química da Universidade de Vigo, Moisés  Pérez  Lorenzo impartirá unha charla baixo o título "Nanotecnoloxía:  o  futuro  é  agora" na que explicará  os  últimos  traballos  que  está  realizando  o  seu  grupo  de  investigación  e  a  potencialidade  da  nanotecnoloxía  para  o  desenvolvemento  científico.


Duratne toda a semana terá lugar unha exposición  e explicación  de  once  experimentos  científicos  conducida  por  alumnado  do  centro. Serán  experiencias  sorprendentes  que  contan  cunha  explicación  científica  relacionada  coa  Física,  a  Química,  as  Matemáticas,  a  Bioloxía  ou  a  Xeoloxía.  A  explicación  será  dada  por  alumnado  voluntario  da  ESO  e  Bacharelato  que  xa  leva  semanas  preparando  os  experimentos  co  profesorado  da  área  de  ciencias. 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: