www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Un gol en propia porta frea ao Choco
Deporte • 3/11/2014
Autor: Ana Prieto

O Choco despediuse do liderado en solitario ao perder pola mínima diante do Rápido de Bouzas. Os de Jacobo Montes puxeron o fútbol, pero o equipo de Jorge Otero soubo manexar o encontro e sacoulle rendemento ao único gol do encontro, un tanto de Saúl en propia porta. Mala xornada para o fútbol local que só sumou dúas vitorias en Terceira Autonómica.


Terceira División



Choco 0-1 Rápido de Bouzas


Toda a iniciativa foi do Choco, mentres o Rápido de Bouzas buscaba o gol ao contragolpe. Os redondeláns foron ao ataque, pero no minuto 12 recibiu un duro castigo. Saúl, un dos centrais do equipo de Redondela, tentaba ceder o balón ao porteiro, pero o seu balón saíu escorado e acabou no fondo da súa propia portaría. Malia o 0-1 en contra, o esquema de Montes seguiu a ser o mesmo, e reafirmou aínda máis o xogo conservador dos vigueses. No segundo os de Redondela tentaron meter máis presión en busca do empate, e crearon máis ocasións, pero faltou o acerto na portería rival., as ocasións claras resistíanse e só a balón parado parecían ameazar ao Rápido. No 86 o árbitro anulou o que sería o gol do empate, e no minuto 90 Albert enviou ao pau a que foi a ocasión máis clara do partido para o Choco. Con esta derrota, o equipo redondelán mantén o liderado cos mesmos puntos que o Alondras e cun punto de vantaxe sobre o Cerceda, aínda que non esquece que a permanencia é o seu obxectivo. Na próxima xornada o Choco visita o campo de As Pontes, rival situado na metade baixa da táboa.


Segunda Autonómica


Choco B descansou. Na próxima xornada reciben ao Racing de Castrelos, equipo situado na metade da táboa.


Arcade 0-1 Amanecer


O Arcade segue a afundirse na parte baixa da táboa, logo da derrota pola mínima diante do Amanecer, que se consolida como un dos equipos máis fortes do grupo. Na próxima xornada volven xogar na casa, reciben ao San Adrián, 5º do grupo.


Terceira Autonómica



Cesantes 0-1 Santomé


Os redondeláns baixan posicións na táboa logo da derrota co Santomé, que os adianta na táboa clasificatoria. O próximo domingo repiten como locais, reciben ao Cotobade, da metade da táboa.


Casablanca 0-3 Chapela


O Chapela mantén o liderado en solitario logo dunha contundente vitoria no campo do Casablanca. A próxima xornada defenderán a primeira praza na casa diante do Miño, o seu inmediato perseguidor, do que o separan dous puntos.


Beretes Chapela 0-0 Balaídos


Reparto de puntos nun encontro sen goles entre o Peña Beretes e o Balaídos, que non é suficiente para sacar aos de Chapela da parte baixa da táboa. A próxima fin de semana xogan no campo do Moledo, que os adianta en dous puntos.


Covelo 0-3 Vilar


Os redondeláns escalan ata a 4ª praza do grupo logo dunha contundente vitoria no campo do Covelo, un dos pechacancelas. A próxima xornada reciben ao Rubios, unha posición por baixo dos redondeláns.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: