www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Outubro de 2018

O PSOE de Redondela convoca primarias
Política • 3/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Arranca hoxe luns o proceso de primarias ao que poden concorrer todos os militantes que desexen converterse en candidatos á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais do 2015. Os requisitos que deben cumprir os precandidatos para converterse en candidatos é comunicar ás instancias do partido que se presentan a este proceso e reunir o 20% de

avais antes do 17 de novembro.


O secretario local do PSOE de Redondela, Leonardo Cabaleiro, anima aos militantes do partido "que se sintan con forza, gañas e capacidade para liderar a nosa agrupación" a que acuda a este proceso que arranca hoxe mesmo e que rematará coa votacións internas. Unhas votacións que se realizarán o domingo 30 de novembro no caso de que antes do día 17 se presente máis dunha candidatura.


"A actual dirección da agrupación socialista de Redondela está a disposición de tódolos militantes para solicitar calquera dúbida que poida aparecer e poden contactar con nós por teléfono, correo electrónico ou polas redes sociais" indicou Leonardo Cabaleiro, quen se mostrou convencido de que "este proceso servirá para reforzar á agrupación local de Redondela".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: