Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

O PSOE solicita unha revisión catastral para mitigar a suba do IBI
Política • 30/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Acusan ao goberno local de "pasividade" xa que nos tres anos que levan na alcaldía non "moveron un só dedo para realizar unha nova valoración catastral" nin aplicaron o coeficiente reductor que se viña establecendo dende o 2006". Isto provocou segundo os socialistas que a recadación no concello "se incrementase un 27% pasando de 2,9 a 3,7 millóns de euros".


O números indican, segundo explica o edil Eduardo Reguera, que dende a chegada do partido popular o incremento da recadación do Imposto de Bens Inmobles é de 782.323,1 euros o que supón un 27% con en relación o ano 2011. O PSOE entende que "o único culpable da suba deste imposto é o goberno de Javier Bas que, ben por descoñecemento ou por omisión, non realizou nin unha soa medida para impedir esta


sangría económica para os veciños".


Por este motivo, os socialistas presentan unha moción na que reclaman que se rebaixe o tipo impositivo do 0,44 actual ao 0,4, que é o mínimo establecido por lei e instan ao goberno local a que solicite unha revisión catastral. Dúas medidas encamiñadas a "mitigar a subida do recibo da urbana".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: