Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Traballadores do xeito asistirán hoxe á sesión plenaria no Multiusos
Política • 30/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Traballadores do xeito de Redondela achegaranse hoxe ao pleno que se celebra ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira para asistir como público a unha sesión na que se tratará a súa problemática. Está previsto que a corporación municipal aprobe unha moción conxunta na que se demanda que se exclúa esta arte da prohibición da Unión Europea que impedirá as embarcación do xeito a pesca da sardiña xunto co resto de artes de enmalle de deriva. A prohibición afectará a 40 embarcacións do noso concello.


O goberno local decidiu convocar esta sesión plenaria no Multiusos da Xunqueira ante a posible presenza de público ao debaterse unha moción de apoio aos mariñeiros do xeito, traballadores que nas últimas semanas están a desenvolver unha campaña de mobi9lizacións e protestas ante a inminente prohibición da Unión Europea de prohibir as artes de deriva, entre as que se incluiría tamén a arte do xeito malia tratarse segundo explican "dunha arte respetuosa e tradicional que non esquilma os mares" motivo polo que demandan que se exclúa esta arte da prohibición.


Unha sesión na que se abordará tamén a reprobación da edil de parques e xardíns solicitada por AER a quen critican a súa xestión na obra de rehabilitación da fervenza de Reboreda. Máis concretamente a Agrupación de electores acusan a esta concelleira de "facer tratos ocultos" e de non informar correctamente aos veciños da zona  "creando deste xeito un conflito entre eles".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: