www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

O pleno de Pazos de Borbén debate o cese do tenente de alcalde Severino Reguera
Política • 28/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Os concelleiros nacionalistas non adscritos de Pazos solicitaran o cesamento e a comparecencia en Pleno do tenente de alcalde e deputado "con motivo das investigacións á que está sometido por parte do xulgado de Cambados por un suposto delito de suborno continuado".


O nacionalista Luciano Otero explica  que "Severino Reguera, Primeiro Tenente-Alcalde de Pazos de Borbén, xunto ao presidente da Deputación Rafael Louzán, están a ser investigados polo xulgado de Cambados, que lles imputa un delito de suborno continuado".


Engade que malia a investigación ser en relación aos seus negocios privados, ambos os dous son cargos públicos e ambos os dous manteñen relacións políticas, ademais das comerciais. Por este motivo consideran que o 1º Tenente Alcalde debe dar explicacións sobre a investigación xudicial á que está sometido. Engade que en tanto non se aclare nos xulgados a súa inocencia ou culpabilidade "solicitamos tamén o cesamento dos seu cargos de 1º Tenente-Alcalde e de membro da Xunta de Goberno".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: