www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

O Choco consolídase no liderado
Deporte • 27/10/2014
Autor: Ana Prieto

A vitoria sobre o Órdenes, sumada aos puntos do partido reclamado co Xuventú Sanxenxo, deixa aos de Jacobo Montes como sólidos líderes da Terceira División. Na Segunda Autonómica as cousas non foron tan ben para os equipos locais, con empates do filial do Choco e o Arcade.


Terceira División


Choco 3-1 Órdenes


Os redondeláns non deron opcións a un Órdenes que no minuto cinco xa se atopaba con dous tantos en contra. Un inicio espectacular para o Choco, que completa así unha gran semana tras confirmarse os tres puntos do partido reclamado ao Sanxenxo por aliñación indebida. No minuto tres Hugo Sanmartín facía o primeiro da tarde e tan só dous minutos despois era o ariete Silva o que puña o dous a cero no marcador. Co dous a cero chegaríase ao descanso. No segundo tempo os visitantes trataron de reaccionar, Nacho moveu o banco introducindo a Nacho e Rubén. O órdenes atopou premio no minuto 66 con gol de Suso Torres, e durante uns minutos soñaron co empate. Pero esa opción esfumóuselles co definitivo 3-1 conseguido por Albert. A vitoria deixa aos de Jacobo Montes unha semana máis como líderes desta terceira división. Na próxima xornada o Choco volve xogar na casa, defenderá o liderado diante do Rápido de Bouzas (7º), que ven de empatar co Arousa.


Ficha técnica:


CD Choco: Cortegoso, Yago Vázquez, Saul, Lucas, Carminati, Muíños, Gonzalo, Jose, Comís, Hugo Sanmartín, Silva


Ordenes: Mario, Rendo, Suso, Rubén, Cabrejo, Cea, Juampa, Julián, Chiño, Anxo, Alex Castro.


Goles: 1-0 Hugo Sanmartín. 2-0 Silva. 2-1 Suso Torres. 3-1 Albert.


Árbitro: Loira Rodríguez amoestou aos locais Muíños, Saul, Pablo Piñeiro e Carminati e aos visitantes Juampa e Anxo.


Segunda Autonómica



A Guía 0-0 Choco


O filial do Choco escala ata a 4ª praza do grupo logo do empate no campo da Guía. A próxima xornada descansa.


Mosteiro 2-2 Arcade


O Arcade segue na parte baixa da táboa logo de empatar no campo do Mosteiro. Na próxima xornada recibe ao Amanecer, un dos equipos que lideran o grupo.


Terceira Autonómica



Sotomayor 3-0 Cesantes


O Cesantes baixa posicións logo da derrota no derbi comarcal co Sotomayor, que se sitúa como 5º na táboa. O próximo domingo o Cesantes recibe ao Santomé, co que están empatados a puntos.


Chapela 3-2 Beretes Chapela


O Chapela lidera o G-16 logo de impoñerse no derbi local co Beretes Chapela, que segue na metade baixa da táboa. Na próxima xornada dispútanse os encontros R.Casablanca-Chapela, e Beretes Chapela-Balaídos.


Vilar 2-2 Nespereira


Reparto de puntos que deixa aos redondeláns na metade da clasificación. Na próxima xornada xogan no campo do Covelo, un dos pechacancelas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: