www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

"As do peixe" no Outonoteatro
Cultura • 24/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Abrapalabra Creacións Escénicas presenta "As do peixe", unha obra escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez sobre o mundo das mulleres galegas no sector conserveiro, baseada en testemuños reais da vida nas fábricas a partir dos anos 70 e dende a óptica de hoxe. Un argumento que según o seu propio autor ben se podería extrapolar a outras tantas fábricas nas que eran mulleres as que confromaban maioritariamente a mán de obra, como Regojo. A representación terá lugar o sábado 25 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.


Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e Tere, reúnense periodicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Unha viaxe cara ao pasado que supón tamén a recuperación na súa memoria dos momentos claves dos anos vividos na fábrica, intimamente unidos ás súas propias biografías. As súas vidas e as de moitas mulleres, pasarán por diante delas facéndolles revivir un pasado que agora mesmo parece moito mellor do que foi, e enfrontarse a un presente cheo de incertezas.


As do peixe, está interpretada por Susana Dans, Mónica Camaño, Rocío González e Casilda Alfaro. e vén avalada por un enorme éxito de público e crítica, e co recoñecemento na edición deste ano dos premios de teatro María Casares nos que obtivo o de mellor texto orixinal, a mellor actriz protagonista para Susana Dans, e a mellor dirección para Cristina Domínguez.


A función representarase o sábado 25 de outubro, ás 20.00 h, no Auditorio da Xunqueira, dentro do ciclo OUTONOTEATRO. As entradas teñen un prezo de 5 € (3 € para estudantes e persoas xubiladas).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: