www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

Campaña solidaria de intercambio de libros por alimentos nas bibliotecas
Cultura • 24/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que se destinarán a Cáritas Redondela. A campaña comezará o venres 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias. Para celebrar esta festividade organizan tamén hoxe un contacontos en Chapela con Raquel Queizás ás 18:30 horas.


"Libros solidarios" é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e Mendiño. Todos estos centros son os puntos de intercambio.


A iniciativa está aberta a calquera cidadán que queira colaborar e, nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades escolares, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto.


Contacontos


Por outra banda e dentro das celebracións do Día das bibliotecas organizan esta tarde na biblioteca de Chapela un contacontos a cargo de Raquel Queizás que presentará o seu espectáculo "A Orixe". Unha actividade aberta a nenos a partir dos 5 anos esta tarde no Multiusos do Piñeiral ás 18:30 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: