Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 21 de Agosto de 2018

Imaxes para lembrar no Centro de Día Arela
Sociedade • 23/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Viaxando a través do tempo é o suxestivo nome da actividade que esta tarde se vai desenvolver no centro de día Arela de Redondela e que ten por obxecto que os maiores do centro rememoren o pasado a través das imaxe que previamente proxectará o obradoiro de estudos locais Fernando Monroy. Unha actividade aberta na que poden participar todas as persoas que o desexen previa inscrición no teléfono 986 403 315.


Na liña de actividades anteriores, o obxectivo é que os usuarios do Centro participen e colaboren con outros colectivos da vila. Así, a propós de hoxe contará co obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy de Cesantes, que será o encargado de proxectar imaxes de fotografías antigas onde se recollen festas populares, oficios, apeiros de labranza ou do mar... imaxes que servirán de punto de partida para que a continuación os maiores expoñan as vivencias e historias que teñan gardadas na súa memoria.


A cita é ás 17:00 horas de hoxe xoves e pode participar na mesma quen queira acudir previa confirmación de asistencia no 986 403 315.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: