www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Campaña de captación de socios na piscina municipal
Deporte • 21/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Unhas instalacións que xa contan con máis de dous mil abonados que poden gozar de actividades variadas moitas delas directamente relacionadas coas actividades acuáticas pero tamén outras que se desenvolven exclusivamente na sala como aerobic, pilates ou as máis novidosas relacionadas cos deportes de contacto como light contact ou boxing training.


Unhas instalacións xestionadas pola empresa Serviocio que durante o mes de outubro ten en marcha unha campaña de captación de socios orientada a animar a máis veciños a se abonar á piscina e premiar ademais a aqueles socios que xa levan tempo usando este servizo. Así, aquel abonado que leve un amigo poderá acceder tres meses ao ximnasio ou gozar de actividades de sala de balde mentres que o novo abonado non terá que pagar matrícula, aforrándose así os 16 euros que custa darse de alta na piscina.


O director do centro, Xosé Fernández Otero entende que é importante tamén premiar de cando en vez aos socios que xa levan tempo como usuarios.


Entre as actividades que se poden desenvolver nas instalacións, ademais do uso libre da piscina atopamos cursos de natacións infantil e de adultos, aquaerobic, fitness acuático, rehabilitación, cursos para bebés a partir de seis meses ou actividades extraescolares.


Tamén se veñen de incrementar as actividades que se poden desenvolver na sala, xa que aos tradicionais cursos de pilates, ximnasia de mantemento, aerobic ou step veñen de engadir deportes inspirados nas artes marciais como o boxing training ou deportes de contacto de baixa intensidade como light contact. Actividades todas elas a un prezo asequible ao entender de Fernández


Un prezo competitivo que axudou a minimizar os efectos que puidera ter para o centro a apertura das instalacións doutra piscina en Chapela. Finalmente foron poucos os usuarios que deixaron de acudir ao centro de Redondela "acostumados ao ambiente familiar que existe nestas instalacións e ao bo equipo de traballo ao servizo do usuario".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: