www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Decembro de 2018

Fran Teixeira: "O Castro Chapela ten aínda moita capacidade de mellora"
Deporte • 21/10/2014
Autor: Ana Prieto

O equipo ocupa a terceira praza da táboa no seu regreso á Primeira Nacional. O seu obxectivo é pelexar por entrar na promoción de ascenso, pero para iso terá duros rivais como o Lalín, At. Novás, Xirira, Cisne ou Seis do Nadal. Trátase dunha liga "moi igualada e competitiva, segundo Teixeira, quen confía na capacidade de traballo do equipo para mellorar o seu rendemento.


O descenso desde a División de Honra Prata supuxo un importante cambio no vestiario, con ata sete cambios de xogadores. Pero o adestrador está convencido de que a adaptación das novas fichaxes e dos xogadores da base do Balonmán Chapela suporá unha clara mellora no equipo, "xa que agora está só ao 50%". Para iso é fundamental o traballo nos adestamentos, e tamén que as lesións lle dean "un respiro". O seu obxectivo e manterse na pelexa por xogar a fase de ascenso, aínda que son conscientes de que será "un reto difícil". Segundo Teixeira esta Primeira Nacional ten un "un nivel moi alto" e hai moitos equipos, entre eles o Castro Chapela, que poderían estar competindo na División de Honra B. É o caso do Seis do Nadal, Cisne, Luceros, At. Novás ou Calvo Xiria. Logo de vencer o pasado sábado en Chapela ao Vitaldent Pontevedra, o seu próximo rival é o Ártabro. O equipo coruñés sitúase na parte baixa da clasificación, pero en Chapela non se fían e amosan "moito respecto" polos anfitrións. O partido será o sábado ás 19.00 horas no pavillón Municipal Novo Mesoiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: