Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Critican que o goberno de Pazos subvencione as excursións dos veciños
Política • 21/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

A Asemblea Nacionalista de Pazos de Borbén critica a "falta de sensibilidade e criterio no gasto do diñeiro público" do goberno local que nun momento de axustes orzamentarios e penurias económicas "destine a case totalidade do seu gasto a actividades ou obras superfluas". Aseguran que o goberno local non inviste en saneamento nin en fomento do emprego pero si o fai "en subvencionar as excrusións dos veciños".


Aseguran os nacionalistas que "son varias as excursións que o concello ten subvencionado xa este ano, e a lista continúa". Co agravante, engaden, de que a persoa designada para xestionar estas excursións polo goberno do PP non é outra que a Axente de Emprego e Desenvolvemento Local cuxa misión principal debería ser a implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial "unha necesidade ben urxente nun concello cunha taxa de paro superior ao 50%".


Por esta cantidade de recursos dedicados a cuestións secundarias é polo que consideran a acción de goberno do PP carente de todo criterio, sensibilidade e empatía coas necesidades dos veciñas e veciñas, nun momento no que moitas familias pasan por momentos duros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: