www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Esixen o arranxo do camiño de Esteiro en Cesantes
Política • 20/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O grupo municipal socialista critica que non se teña asfaltado este camiño malia o mal estado que presenta e que se viu agravado tralas choivas das últimas semanas. Critican que catro meses despois dende que o goberno local e a Deputación de Pontevedra anunciaran dito asfaltado "o piche non chegou co agravante de que se cambiou unha deteriorada traída do auga (unha obra necesaria), pero non se taparon as fendas".


Aseguran os socialistas que cando dende a administración anunciaron o asfaltado do Camiño de Esteiro "pedimos que se cambiara a tubaxe da traída do auga porque as avarías eran constantes. Fixeron esa actuación, pero deixaron a fenda con terra en previsión do asfaltado". Un asfaltado que non chegou e "agora o Camiño do Esteiro e o Rego de San Pedro son unha tortura para vehículos e peóns", apunta o voceiro socialista Eduardo Reguera, que tamén engade que "Javier Bas e o seu equipo deben xestionar ante a Deputación o prometido asfaltado canto antes ou, polo menos, solucionar os socavóns que quedan nas beiras da estrada polas fendas que, na actualidade, son un auténtico perigo para automóbiles e viandantes".


A agrupación municipal socialista non entende como existe tan pouca coordinación entre o concello e a Deputación de Pontevedra porque, a pesar de que son do mesmo partido, non conseguen aproximar no tempo dúas actuacións sobre unha mesma zona.


O concelleiro socialista indica que "o camiño do Esteiro forma parte do Camiño de Santiago e os moitos peregrinos que atravesan este lugar lévanse unha mala imaxe de Redondela".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: