www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Aberto o prazo de inscrición para participar na ruta xeocultural "xincana riondela"
Cultura • 20/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O ciclo de rutas xeoculturais organizado pola Concellaría de Cultura continúa esta semana cunha saída para público familiar. Nesta ocasión trátase dunha xincana riondela orientada a maiores de 8 anos que se desenvolverá o día 26 en horario de 11:00 a 13:00 horas. Unha actividade de balde que precisa de inscrición previa no teléfono 986 40 00 13.


O punto de partida desta nova saída xeocultural será a Casa do Concello as once da mañá. A través de xogos especificamente deseñados, os participantes aprenderán a interpretar o relevo, a identificar elementos naturais e artificiais, a pescudar rochas e minerais agochados, e a comprender os efectos dos leitos fluviais na vida cotiá.


As saídas continuarán xa o domingo 23 de novembro cunha ruta periurbana baixo o nome Paseo intermareal que se desenvolverá na praia da punta de Cesantes e os días 9 de novembro e 14 de decembro a ruta urbana Redondela en rochas.


O obxectivo principal desta actividade é gozar do patrimonio natural redondelán e divulgar o coñecemento da xeoloxía dende unha perspectiva lúdica e educativa.


A empresa de servizos xeoculturais encargada de desenvolver e guiar estas rutas é Olho de Sapo.


A actividade é de balde pero cómpre facer inscrición previa no teléfono 986 400 013.


Só se admitirán 2 reservas por persoa até completar cada un dos grupos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: