www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

O Contrucciones Castro Chapela vence e a SAR deixa escapar un punto na bomboneira
Deporte • 20/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Un partido con moitos altibaixos o vivido o sábado no pavillón de Chapela. Moitos afeccionados achegáronse ao campo para animar ao Construcciones Castro que lle brindou aos seus seareiros unha vitoria ante o Vitaldent Pontevedra. O Promens Cañiza púxollo difícil aos homes da Sar que só lograron un empate a 22 goles no partido disputado en Redondela.


Malia afrontar o partido coa baixa importantes de Paco López os de Chapela foron superiores no campo e fixéronse cos puntos en xogo logo de vencer por 30-23 aos rivais, os pontevedreses do Vitaldent. O Construcciones Castro sitúase na terceira praza da categoría e na vindeira semana desprázase ao campo dun rival máis feble, o Ártabro.


O Promens Cañiza púxollo difícil aos homes da Sar. Cun gol de Esteban a tan só trinta segundos do final logrou un empate en Redondela. Unha vitoria que se lle escapou á Sar Plastic Omnium xa que durante a maior parte do encontro foron por diante no marcador. O partido, disputado nun pavillón con boa entrada, rematou con empate a 22 goles. Os de Redondela son sétimos e xogan o próximo sábado no campo do Granitos, equipo que non logrou aínda ningún punto no que levamos de liga.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: