www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Setembro de 2018

Rande prepárase para revivir a batalla
Cultura • 17/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Corenta veciños ultiman os preparativos para conmemorar este sábado o aniversario da batalla naval que se vivía na enseada de San Simón entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa no ano 1702. Os actos, organizados pola Asociación Deportivo e Cultural de Rnde e o Concello inclúen unha exhibición de embarcación tradicionais e visitas teatralizadas ao Meirande.


Logo de semanas traballando, os veciños cruzan os dedos para que o tempo acompañe e a representación, dirixida polos actores Paulo Medal e Almudena Zurita, se poida desenvolver tamén no exterior do museo. Con todo as actividades principais terán lugar dentro do Meirande e tamén hai previstas representacións fora do edifico pero baixo unha carpa xa instalada para a ocasión.


Un programa que arrancará xa as 10:30 horas cunha feira de artesanía e demostracións de artesáns e unha exhibición de embarcacións tradicionais.


Celebrarase ás 14:00 horas un xantar popular e pola tarde continuarán as visitas guiadas e teatralizadas dende as 16:00 horas ata as 19:00. A xornada rematará cunha gran tirada de fogos .


Dende o Concello, o edil de cultura Julio Alonso salienta a importancia de dar contido a estes Centro de Interpretación da Batalla, motivo polo que durante todo este mes de outubro están se desenvolver actividades variadas neses espazo como roteiros guiados, presentación literarias, proxeccións cinematográficas e as xa habituais visitas teatralizadas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: