www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

"A ultranoite" de teatro Chévere chega a Redondela
Cultura • 16/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

A veterana compañía actúa por primeira vez no noso concello e faino con moito humor, moita música e cun ambicioso espectáculo que leva por título Ultranoite no país dos ananos. Actores de longa traxectoria interpretan esta comedia-musical que ofrece unha viaxe retranqueira ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir inspiradas no mundo de Celso Emilio Ferreiro. O sábado ás 20:00 horas dentro do ciclo do Outonoteatro.


Patricia de Lorenzo explica que a obra, orientada a calquera público independentemente da súa idade, presenta un argumento a base de sketches breves cargados de humor e de referencias sonoras, un cabaret actual e crítico que repasa como se dunha crónica social e política se tratara os acontecementos dos últimos anos en Galicia.


Unha actriz Patricia de Lorenzo que estará acompañada no escenario por un importante elenco de actores Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Cesar Goldi, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrian.


As entradas poden adquirirse no Multiusos da Xunqueira dende hoxe xoves e tamén dúas horas antes da función. O prezo é de 5 euros para o público en xeral, 3 euros a entrada reducidas para xubilados e estudantes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: