www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

O Redondela FS vence nunha fin de semana de desiguais resultados no fútbol sala local
Deporte • 13/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Os de Julio Mougán foron o único equipo dos tres de Redondela que lograron unha vitoria nesta fin de semana logo de vencer por 3-2 no partido disputado con Autos Leiros. O Campito FS caía na súa visita ao campo do García Araujo nun encontro que remataba co resultado de 4-2. Derrota tamén para o Arealonga, equipo que milita na Autonómica norte, e que caía por 3-6 ante o Ventorrillo.


O Redondela FS daba un paso adiante logo de vencer a un dos grandes, o Autos Leirós. Unha vitoria por 3-2 ante o subcampión da categoría e un dos favoritos a alzarse co título esta tempada que ven confirmar a boa evolución do cadro redondelán.


Victoria de prestixio ante un enorme rival, que premia o traballo e bo facer dun grupo que non quere poñerse límites e que a día de hoxe está situado na terceira praza da categoría. Na vindeira semana desprázanse ao campo do Baíña, equipo na metade da táboa.
Na mesma categoría, a Autonómica Sur, milita o Campito FS, equipo de Chapela recen ascendido e que non puido lograr a vitoria na súa visita ao campo do García Araujo. Partido que rematou co resultado de 4-2. Son décimo segundos e na vindeira semana reciben ao Moaña, pechacancelas do grupo.


Na liga autonómica norte milita outro equipo de Chapela, o Arealonga a quen tampouco lle foron ben as cousas no partido disputado esta fin de semana. Perdían ante o Ventorrillo por 3-6. Malia todo seguen na parte alta da táboa, son terceiros e desprázanse o próximo sábado ao campo do Outeiro Rei.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: