www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

París de Noia regresa a Redondela no programa de Festas de San Fausto
Cultura • 10/10/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Verbenas e actividades relixiosas centran un programa que se vai desenvolver na parroquia de Chapela dende o sábado 11 ao luns 13. París de Noia volve ser a estrela do programa cunha actuación prevista para o noite do domingo.


O primeiro día de festa na honra de San Fausto dará comezo ás doce do mediodía coa tirada de fogos de artificio e xa pola noite verbena amenizada polas orquestras Cinema e Nueva Generación que serán as encargadas de amenizar a xornada a partir das 21.30 horas.


O domingo haberá pasarrúas a partir das dez a cargo do grupo de gaitas As Choliñas. As 12.30 horas terá lugar a misa solemne seguida de procesión. Pola tarde, ás 19.00 horas actuación do grupo de baile Anaquiños de Chapela e a verbena arrancará coa orquestra París de Noia e o grupo Tres.com


As festas rematan o luns con pasarrúas xa de mañá e posterior misa ás 12:30. Porán o punto e final ás festas a actuacións das orquestras Marbella e Televisión.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: