www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

Detido un mozo de 22 anos por condución temeraria baixo os efectos do alcol
Sucesos • 7/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os feitos producíronse na madrugada do mércores. O mozo foi posto a disposición xudicial logo de ser detido por axentes da Policía Local


A Policía Local de Redondela detivo na madrugada do mércores a un mozo de 22 anos de idade por exceso de velocidade e condución baixo os efectos do alcol.


Os feitos producíanse na noite de Reis cando este mozo, que conducía un Voslwagen Golf era sorprendido polos axentes saltándose unha sinal de stop na saíde da N-552 cara Vigo. A pesar das sinais feitas dende o vehículo da policía local, o mozo lonxe de deter o seu turismo optou por acelerar, motivo polo que se iniciou unha persecución no que o Wolswagen adiantou a outros vehículo en liña continua e a 150 km/hora.


Finalmente, o mozo optou por deterse e foi sometido á proba de alcoholemia dando un resultado moi por riba do permitido xa que se detectou unha taxa de 0'95. Foi detido e posto a disposición xudicial por conducción temeraria, exceso de velocidade e condución baixo os efectos do alcol.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: