www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

A comarca gaña poboación grazas ao impulso de Soutomaior
Sociedade • 30/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Redondela mantense por riba dos 30.000 habitantes aínda que perde 35 veciños respecto ao ano 2008. Soutomaior con 6.867 veciños segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística correspondente ao 2009, é o único concello da comarca que gaña en poboación sumando 330 novos habitantes o que supón un incremento porcentual do 4%

 


A estatística do mapa demográfico galego publicado polo INE recoñece 30.001 habitantes a Redondela que, a pesar de manterse por riba da barreira psicolóxica dos trinta mil, sufre unha caída de 35 veciños respecto ao ano anterior.


Os datos sobre poboación correspondentes ao 2009 cifran en 41.989 os residentes na comarca, sumando os concellos de Redondela (30.001), Soutomaior (6.867), Pazos de Borbén (3.145) e Fornelos de Montes (1.976). Unha comarca que experimenta un incremento de 268 habitantes grazas unicamente ao crecemento de Soutomaior, quen viu como a súa poboación experimentaba un incremento importante que supuxo sumar 330 novos veciños ao seu censo. Eses números converten ao concello de Soutomaior en todo un referente non só na comarca senón en toda a provincia ao ser o concello que rexistra unha suba porcentual máis acusada, do 4'1% ao pasar de 6.537 habitantes a 6.867.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: