www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Música rock e folk no III Arde Rande
Cultura • 3/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Os grupos Nocheni, Retroblues, The Silence e Malas Pulgas abren o festival organizado pola Asociación Cultural e Deportiva de Rande que inclúe este ano a celebración dun serán popular


A terceira edición do festival Arde Rande arranca na noite de hoxe cun concerto de rock. As 22:00 horas subiranse ao escenario os grupos locais Nocheni, Retroblues e The Silence así como a agrupación do Morrazo Malas pulgas.
Un concerto de balde que se desenvolverá baixo a ponte e onde haberá unha barra que ofrecerá bebidas a prezos populares para, segundo explicaban dende a Asociación Cultural e deportiva organizadora do evento "evitar o botellón".
Mañá sábado a partir das sete da tarde celebrarase un serán popular con gaiteiros, baile e tapas gratuitas para todos os que se acheguen. Este I Serán organízase a petición dos propios veciños que demandaban unha actividade conxunta para grandes e cativos.  

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: