www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

Detido un veciño de Redondela de 52 anos acusado de malos tratos
Sucesos • 30/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Axentes da policía local detiveron a este home logo de que agredise á súa muller no domicilio que ambos comparten na rúa Isidoro Queimaliños

 


A Policía Local de Redondela detivo onte na rúa Isidoro Queimaliños a un home de 52 anos de idade acusado dun delicto de violencia doméstica. Os feitos producíronse ás 13:15 horas cando os veciños desta rúa da zona vella alertaron á asistente social por unha forte discusión nunha vivenda. Ata alí desprazouse unha patrulla da Policía Local onde se atoparon a unha muller de 45 anos de idade sangrando pola boca logo de recibir unha labazada do seu marido.


O home foi detido acusado dun delicto de violencia doméstica e logo de pasar a noite nos calabozos da Policía Local hoxe será posto a disposición xudicial.


A muller foi trasladada ao Hospital Xeral en Vigo para ser atendida das feridas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: