www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Novembro de 2019

Dous feridos leves nun accidente na N-550 á altura do Viso
Sucesos • 28/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O sinistro, segundo información de Protección Civil, produciuse de madrugada cando un camión colidía contra dous turismos. Na madrugada do sábado un sinistro na Avenida Mediño deixaba outros dous feridos leves logo de que un Seat Ibiza se encaixase contra tres coches que estaban estacionados na vía

 


Pasadas as cinco da madrugada de hoxe producíase unha saída de vía na N-550 en dirección Pontevedra co balance de dous feridos de carácter leves. As causas da colisión, segundo información do Grumir de Redondela, foi un esvaecemento sufrido polo condutor do camión o que provocou que se saíra da vía e colidira lateralmente con dous vehículos.


Axentes do Grumir interviron na excarceración do condutor do camión.


Tamén o sábado tiveron que actuar nun aparatoso sinistro na Avenida Mendiño que se saldou con dous mozos feridos leves, o condutor un vigués de 21 anos e o copiloto do vehículo o redondelán José Antonio D.D. de 18 anos de idade.


A colisión produciuse en torno ás tres e cuarto da madrugada nas inmediacións da discoteca La Fábrica, cando o Seat ibiza saíase da vía e impactaba contra tres vehículos que estaban estacionados na beiravía.


Ademais do causante do accidente, a peor parte levouna un Honda Civic que foi arrastrado un trinta metros e sobre o que se derrubou un poste do alumeado eléctrico.


Temporal


O Grumir tivo que intervir ademais na retirada dunha pólas que por mor dos fortes refachos de vento desprendéronse dunhas árbores caendo na estrada N-555 entre Redondela e o Aeroporto.

Comentarios
Víctor
Luns 28 de Decembro de 2009 ás 18:15 horas
A Avda. de Mendiño estase convertindo nun punto moi perigoso para os peóns sobre todo ás noites do sábado para o domingo. Estamos a xogar ca sorte, xa veremos cando atropelen e maten a alguén que pasa!. Botar as mans a cabeza non vai a solucionar nada! Non só se conduce a excesiba velocidade en toda a Avenida de Mendiño, senón que o Porto de Cesantes é un circuito d eprobas nocturno, se producen, actos de incivismo, como a roptura de envases de crital nas beirarúas, e destrozo de mobiliario urbano coma a marquesiña situada preto do instituto Illa de San Simón, ademáis de tirar diverso materiais ao rio Pesegueiro (vallas, tapas de sumidoiro, ).
noe
Luns 28 de Decembro de 2009 ás 17:41 horas
la estrada que va al viso no es la n-555 y la que va redondela al aeropuerto no es la n-550 y la que va al aeropuerto es la n 555
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: