www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

Seis comunidade de veciños denuncian roubos nos seus garaxes
Sucesos • 28/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A vaga de roubos produciuse na madrugada do domingo na zona de Vilavella e non hai detencións polo de agora. A policía local sí identificou a varios menores de idade por un roubo no establecemento Juan Blanco na rúa Ernestina Otero

 


Fin de semana movida para os axentes da Policía Local de Redondela que tiveron que atender e investigar os roubos producidos en un total de seis garaxes de diferentes comunidades de veciños na zona de Vilavella, concretamente nas rúas José Regojo e Bidueiro así como no paseo da Xunqueira.


Segundo explicaron dende a policía local os feitos producíronse na madrugada do sábado para o domingo e foron moitos os vehículos afectados aos que os ladróns lles romperon as xanelas para tentar acceder ao seu interior. Nalgúns dos casos leváronse os aparellos de música dos vehículos así como outras pertenzas que se atopaban no interior dos coches.


Tamén de madrugada o establecemento comercial Juan Blanco na rúa Ernestina Otero sufriu un roubo de material logo de que os atracadores romperan o escaparate cunha pedra. Foron identificados tres menores pola súa suposta relación co roubo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: