www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

O Parlamento Europeo admite a trámite unha denuncia contra os recheos en Rande
Institucional • 3/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Plataforma en defensa da Enseada de San Simón presentou un escrito ante as autoridade europeas no que denunciaba a actuación da Autoridade Portuaria de Vigo no Estreito de Rande


A Comisión de petición do Parlamento Europeo ven de admitir a trámite unha denuncia presentada no pasado mes de marzo pola Plataforma en defensa da enseada de San Simón. O colectivo demandaba das autoridades europeas a actuación urxente para evitar "os recheos previstos pola Autoridade Portuaria de Vigo no estreito de Rande" así como que se "restableza a natureza nos 50.000 metros cadrados do litoral" que foron asfaltados con formigón. Unha iniciativa que cualifican de "irregular" tendo en conta que se realizou nunha zona que debería estar sometida a unha protección especial por formar parte da Rede Natura 2000.
O presidente da plataforma, Antonio Lores valora moi positivamente a decisión do Parlamento Europer e lembra que "a actuación da autoridade portuaria supón o inicio dun proxecto qeu devastará un dos lugares máis emblemáticos da ría de Vigo. Un lugar que ademais de formar parte da Rede Natura e punto de referencia de feitos históricos como a batalla de Rande e enclave fundamental como niño biolóxico".
Denuncia ademais que o pasado 1 de xuño solicitaron unha reunión coa recen nomeada presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, sen que aínda teñan obtido resposta a súa solicitude.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: