www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Escoitase en Santiago o berro contra a ampliación da autoestrada AP-9
Sociedade • 2/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños de Chapela solicita unha xuntanza co presidente da Xunta, Núñez Feijoo a quen acusan de manter unha “posición ambigua” ante o proxecto e demandan o dimisión do alcalde por non sentarse coa Comisión de afectados.



Veciños de Chapela desprazáronse na mañá de hoxe a Santiago de Compostela para trasladarlle ao goberno da Xunta o súe rexeitamento á ampliación a autoestrada AP-9. Unha vez na capital galega protagonizaron unha sonora protesta ante o edificio administrativo da Xunta en San Caetano, onde presentaron por rexistro unha xuntanza co presidente do goberno.


A comisión de afectados, a través do seu presidente Francisco Puch, entende que neste asunto os populares “están a manter unha posición ambigua, xa que afirman non estar a favor da ampliación da ponte cando por outro lado existe un proxecto serio para a realización da obra”


A protesta trasladouse a unha do mediodía a Redondela onde os veciños se concentraron ante a casa consistorial para solicitar a dimisión do alcalde, Xaime Rei. Os veciños entenden que o rexedor local non está a  cumprir coas súas labores como máximo mandatario local xa que de xeito reiterado negouse a recibir ao presidente do colectivo, Francisco Puch con quen mantén unha relación de enemizade por problemas políticos.


O vindeiro venres día 10 de xullo a asociación de veciños celebra unha nova protesta que partirá dende o Alto da encarnación.



 



 



 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: