www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Proxección do filme "Os respigadores e a respigadora"
Cultura • 8/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O documental de Anges Varda proxectarase esta mércores día 9 ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira. A Asociación de consumo responsable Loaira persegue con esta iniciativa que o espectador se cuestione o modelo de consumo no que actualmente vivimos 


A Asociación de Consumo Responsable Loaira proxecta este mércores dentro do Ciclo de Cinema Documental a película de Anges Varda "Os respigadores e a respidagora" . O filme, do ano 2000 trata sobre unha serie de respigadores que procuran comida, trapallada e diversos obxectos de refugallo. A cámara de Varna percorre diferentes historias tanto do rural como da cidade mostrando un universo oculto dun estilo propio e directo.


O colectivo redondelán, quen xa proxectou o documental "Home" de Yann Arthus-Bertrand  ten como obxectivo con este ciclo mover á reflexión e acción crítica sobre as diferentes formas de consumo ofrecendo ao espectador elementos de análise do noso propio modelo así como mostrar alternativas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: