www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Arranca a programación do Nadal co tradicional acendido das luces
Cultura • 4/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O Nadal Cultural inclúe por primeira vez unha programación de teatro infantil coas obras "Pingueiras e tarteiras", "Cósima" e "Os Bolechas". Entre as actuacións musicais destaca o concerto de María do Ceo o día 2 na Igrexa de Santiago Apóstol


A programación de Nadal deste ano inclúe como novidade principal o Pequeteatro, un programa de teatro infantil por onde pasarán as compañías Teatro del Andamio, Sarabela Teatro e Caramuxo teatro quen porán en escenas as obras "Pingueiras e tarteiras", "Cósima" e "Os Bolechas". As representación serán os días 26, 29 e 30 de decembro as seis da tarde no Multiusos da Xunqueira. Deste xeito o departamento que dirixe Eduardo Reguera quere achegar a arte escénica a outros públicos unha vez que os adultos xa teñen os seus espacios coas obras incluídas no Teatrarte e no Teafecciona.


Orientada tamén para o público familiar haberá cine coas proxeccións de dúas películas de animación "up" o día 21 e "Bolt" o 22 de decembro.


Por outra banda, a música será o outro espectáculo destacado nesta programación cun festival de corais os días 11 e 12, o tradicional festival de Nadal do Conservatorio Víctor Ureña ou o concerto de Nadal a cargo da Camerata Viguesa.


Con todo, a artista máis internacional que nos vai visitar nestas datas será a fadista luso-galaica María do Ceo, quen ofrecerá o domingo 3 de xaneiro na Igrexa Santiago Apostol un recital musical de "Panxoliñas".


Tamén o teatro experimental ten o seu oco no Nadal Cultural será coa obra "Alambradas" a cargo da Compañía de David Fernández Rivera. Unha proposta onde se dan cita a danza, a música, o deseño escenográfico e de iluminación e a palabra. Unha representación o mércores 16 de decembro ás 20:00 horas no Multiusos.


A programación rematará coa tradicional Cabalgata na tarde do día 5 e as rondallas e ranchos de reis na mañá do mércores 6.

Comentarios
Cultura si
Sábado 5 de Decembro de 2009 ás 14:15 horas
Queixarse en Redondela das programacións de cultura...parece un pouo non sei..raro...onde temos as melores prgoramacións tant no verán como en calquera eoca do ano donde sempre hai que facer..asiq...nono nos queixemos cando é un do mellores lugares a nivel nacional
Nico
Sábado 5 de Decembro de 2009 ás 01:19 horas
O nadal de todos os anos, que xa aborrece, e só satisfai intereses consumistas, capitalistas e relixiosos. Estou asqueado do nadal!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: