www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

O trazado da autovía enfronta as Novas Xeracións do PP e as Xuventudes socialistas
Institucional • 4/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A edil do PP Laura Alonso critica a defensa que dende as Xuventudes do PSOE se fixo días atrás da A-59 e insta ao goberno local a que rectifique e se manifeste en contra deste trazado por ser a alternativa "máis cara, mais longa e de maior impacto ambiental".

 


A edil e presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular de Redondela, Laura Alonso, acusa ao secretario xeral de Xuventudes Socialistas de actuar "de xeito similar a un lacaio de Xaime Rei". Dende o PP entenden que as declaracións de Araújo, nas que defendía a idoniedade do trazado da futura A-59 que comunicará Vilaboa con Peinador pasando por Redondela "son froito dunha mestura da súa obediencia ao alcalde e da súa extrema xuventude, que lle impide visualizar con claridade o real e tremendo impacto que esta variante da A-57 produce no noso municipio".


Os populares desmenten as palabras do representante das xuventudes socialistas quen asegurada que esta "esta autovía vaia beneficiar aos menos favorecidos por ser gratuíta". Dende o PP entenden que "os menos favorecidos desta cuestión son os veciños e veciñas aos que lles derribarán os seus fogares, e que levan loitando polo sentido común dende o principio".


Novas Xeracións de Redondela solidarízase cos veciños afectados por ese trazado e ínstana ao goberno local a que rectifique na súa actitude xa que están a apoiar a alternativa máis cara, máis longa, de maior impacto ambiental e a que máis prexudica aos veciños.

Comentarios
Carallo como chove¡¡
Mércores 9 de Decembro de 2009 ás 09:09 horas
Moi boas a todos/as.

Eu tamén quero opinar algunha cousa, e se procede mosquear a alguén, que tampouco lles ven mal aos políticos que pensan que esta vida é sentenciar e recoller.

1º- Se algún dos que falou antes di ser socialista, que faga o favor de non insultar ao pobo galego e aos seus concidadáns e se digne en falar i escribir en galego, ou é que non saben ou resulta que son da "Galicia Cunilingüe"? (como diría miña nai: socialismo para o bolsillo)

2º- Tanto Xuventudes Socialistas como Galiza Nova como Nuevas Generaciones non son asociacións nin entidades xuvenís, nin nada semellante. Son minipartidos políticos para xogar as "barbies" que nunca fixeron nada por Galiza nin por Redondela (donde andan cando hai que traballar a reo, ou facer cultura, ou facer país,...). Como todos sabemos son moi pouquiñas as asociacións que funcionan en Redondela e que están para todo, o resto, son partidos políticos de broma ou están politizadas e non desempeñan o seu quefacer social de xeito independemente, que é a base do poder do asociacionismo, moit máis importante que o poder político.

3º- Que xente autodenominada progre e de esquerdas defenda as mesmas teses "pseudoproguesistas" dos gurús das grandes multinacionais e dos estamentos aburguesados e “todopudientes” da sociedade actual. Carallo coas esquerdas de Redondela, tanto as socialistas como as nacionalistas do BNG (porque, que conste, hai nacionalismo e galeguismo fora do BNG de Redondela).

4º- Se a autovía é a grande salvación a todos os males da nosa terra e da nosa nación, xa sabedes o que tedes que facer, meterlle unha solicitude por rexistro (e por onde mellor che pete) ao alcalde e que che asfalten ata diante da túa casa. Ou mellor aínda, pídelle que esmague a túa casa e que pase a autovía por enriba dos teus miolos. Veña, non vos enfadedes, todo sexa “por Redondela, una, grande y libre”.

5º- Por último, un poema.

Se pensas que coa autovía vai mellorar a nosa querida Redondela, fumas porros...
Se pensas que coa autovía vaise eliminar o escalextric (que puxo Jaimito Reicito), fumas porros...
Se pensas que o AVE é o futuro da Galiza (e non o tren de cercanías ben desenvolto), fumas porros...
Se pensas que Redondela pide a gritos a autovía, fumas porros... (e non foches a ningunha manifa na túa vida de esquerdas)
Se tes tanta presa en chegar a todos os sitios, fumas porrros...
Se pensas que eres socialista, fumas porros...
Se pensas, ao mellor fumarías porros...

(P.D. non teño nada cos que fuman porros, pero quedábame ben o poema así)

6º- MOBILIZACIÓN: SOCIALISMO, GALEGUISMO E NACIONALISMO PRÁCTICO E REAL UNIDO EN CONTRA DOS TRAIDORES, FARSANTES E BURGUESES QUE COPAN OS PARTIDOS DE ESQUERDA EN REDONDELA.
TODOS UNIDOS POLA DEFENSA DO NOSO CONCELLO E FORA OS LADRÓNS DA NOSA TERRA.

REDONDELA, UNÍDEVOS E PROTESTADE XA¡¡¡
Se chove protestade,...
Se nos asfaltan, protestade,....
Se nos insultan, protestade,...
Se nos enganan, protestade,...
Se nos poligonizan, protestade...
Se mexan por nos, protestade....
Ante todo, PROTESTADE, é o que máis lles fode.
Concha Velasco
Martes 8 de Decembro de 2009 ás 22:00 horas
Estades sempre discutindo. Sodes como duo Pimpinela. Isaac é Joaquín e Laura, de Novas Xeracións é Lucía Galán.
Outra vaca no millo
Martes 8 de Decembro de 2009 ás 16:06 horas
A verdade é que se os referentes para a mocidade de Redondela son Laura Alonso e Isaac Araújo, moi mal anda este Concello.

Pasará a autovía ou non pasará, pero ¿quen nos librará destes aprendices de facer-nada?

arturo
Martes 8 de Decembro de 2009 ás 11:07 horas
Querido Isaac: Ten coidado, pois coas amistades, que poden ser perigosas. De todolos xeitos, polo que se vé a túa postura non difire do expresado polo teu \"alter ego\".
Mira, o que dis é demagoxia pura e dura, dicir o que dis sobre do tren de cercanías é para rir. Si aposta o P.E. (nin socialista nin obreiro) polas cercanías, a que veñen as protestas, e ata a creación da plataforma \"Salva o tren\"? . Cantas paradas están anuladas dende o voso governo?. As infraestruturas van encher de piche Redondela, e tras o asasinato que foi facendo Xaimiño durante 30 anos, iso vai ser o golpe de gracia. Redondela é a vila máis atrasada da contorna, e iso é por méritos do incapaz que fixo o papel de alcaldiño.
Tamén vese ben que sabes de memoria o argumentario do partido, parabéns, vas ben para lograr o teu obxectivo, o que tes no teu perfil: \"Alcalde de Redondela\". Ten coidado, que non vaia ser que por tanta cobiza sexas apartado da caste governante.
Sorte, pois querido Isaac, que todo che vaia ben, pero non te creas todos os contos.
isaac araújo
Domingo 6 de Decembro de 2009 ás 19:01 horas
Querido Arturo,esta es la primera vez q escribo un comentario en radio redondela,y por eso no me voi a esconder bajo un seudónimo pq nunca lo hice y ,pq no tengo nada q esconder,y no le tengo miedo a nadie,absolutamente a nadie,
No sé pq aparece en un comentario uno de mis mails.seria alguno o alguna,q quieren hacer daño,pero es inútil.
Tamen quiero hacer mención a los comentarios anónimos,q los invito a q den la cara y q me lo digan a mi, lo único q se consigue con el anonimato es la clara definición de dicha persona.
Por otra parte,hacer mención a la señorita Alonso,personalemnte no tengo nada en contra de ella,
"de xeito similar a un lacaio de Xaime Rei". Dende o PP entenden que as declaracións de Araújo, nas que defendía a idoniedade do trazado da futura A-59 que comunicará Vilaboa con Peinador pasando por Redondela "son froito dunha mestura da súa obediencia ao alcalde e da súa extrema xuventude, que lle impide visualizar con claridade o real e tremendo impacto que esta variante da A-57 produce no noso municipio".
Laura Alonso e comentarios anónimos no soy ningún lacaio ni debo obediencia a nadie.pq tengo las ideas claras ,y también te digo q no seas demagoga,y escribe cn respeto ,por favor.
Redondela necesita la autovía,la pide a gritos,y si,eliminará los atascos y también gracias a eso podremos sacar el escalextric.
Redondela tiene q jugar en primera división y xuventudes socialistas defendemos el desarrollo sostenible de redondela,con nuevas infraestructuras,como son la nueva estación en os eidos,(de redondela a vigo en 5 minutos,de redondela a Santiago en 30 min,de redondela a coruña en 45 min,estos es la realidad lo q defendemos y hacemos los socialistas dar mejores conexiones,facilitar a los estudiantes poder estudiar en Santiago o coruña y poder dormir en su villa natal).
El ave y el tren de alta velocidad va a ser una realidad gracias a los socialistas.y especialmente a nuestro ministro gallego pepe blanco,nos tenemos q sentir orgullosos de tenerlo.el cumple lo prometido como nosotros los socialistas,nosotros somos asi.buscamos el bienestar de la ciudadanía,

Y la nueva autovía será realidad en poco tiempo,nos ayudara a vertebrar el territorio,mejorar las conxiones desde redondela a los demás puntos,a tener una alternativa al peaje,pq los del pp volvieron a prolongar la concesión de la autopista,eso no lo dices ehh???


arturo
Sábado 5 de Decembro de 2009 ás 23:02 horas
Pódese ir a Madrí pola Nacional? A autovía vai solucionar os atascos de Redondela? Home "cuanta ignorancia" faslle honra ao teu nick.
Por certo, identifícate polo teu nome: Isaac Araújo. Segue así, vas chegar lonxe, moi lonxe, de entrada nas seguintes algunha concellalía, non si? Ben o mereces pola túa "traxectoria".
Un veciño de Reboreda
Sábado 5 de Decembro de 2009 ás 14:10 horas
en Madrid ven q reclaman máis cartos para a autovía..enfin...criticar a Isaac,porque apoia a autovia..pero resulta q miles d persoas de Redondela apoian a autovia..sempre buscando votos...e non o benficio,,pos suposto q iredes todos a Madrid,ACoruña Santiago pola nacional non?porque ai tamen houbo xente q non queria aautovia..e non lle faredes ese feo non?
cuanta ignoracia
Venres 4 de Decembro de 2009 ás 23:40 horas

estos do pp queren ir en carro de bois ou q??
pero ven q lauriña cando vai a madrid vai por autovia ou atopista e non vai pola nacional.
cada dia redondela pide a gritos a autovia,formanse atascos de seguidos na nosa vila,autovia xa.
xoventude socialista
Venres 4 de Decembro de 2009 ás 20:28 horas
el lacaio es isaac conocido como jallulo de xuventudes socialista no le da mas o proble rapaz actua donde le manda xaime rey o eduardo reguera el pobre rapaz no le da mas la cabesa si le dicen que valla limpiarle la casa fita jallulo el va si le dice que valla a la casa de eduardo reguera a limpia los bater el va
arturo
Venres 4 de Decembro de 2009 ás 17:45 horas
Que se pode esperar dun individuo que no seu perfil pon coma "profesión de futuro" alcalde de Redondela? Pois iso, tragar o que faga falta para vivir da política, o "rapas" no quere traballar, e iso é mellor que ir roubar,...ainda que,.... bueno, non sei.
Estes rapaces de agora sonche así, moi espabilados, que lle queredes? Se Xaimiño botou toda a vida a vivir do conto sen rañala, non o poden facer outros?
E si hai que dicir que o Alvedosa é navegable, pois se dí, que caray!!!
[1-10]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: