www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

70 mozos participan no III encontro da mocidade de Soutomaior
Institucional • 2/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de xuventude celebra hoxe xoves e mañá venres unha nova edición do encontro baixo o título "Entreculturas"


Un total de 70 mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos participan durante dous días no III encontro da xuventude que este ano está centrado na comunicación entre culturas. Así, os participantes traballarán na creación e caracterización de personaxes baseados nas diferentes culturas do planeta.
Baixo o título "saboreando o mundo" mañá venres celebrarán unha festa multicultural onde haberá música e gastronomía dos cinco continentes.
Condución eficiente
Por outra banda, a oficina de información xuvenil ten aberto xa o prazo de incrición para participar nun curso práctico de condución eficiente que se vai desenvolver os días 7, 8 e 9 de setembro. os participantes aprenderán a conducir dun xeito máis eficiente para aforrar enerxía o que se traducirá nun aforro económico pero tamén nunha menor contaminación.
Para anotarse poden achegarse directamente á OMIX no multiusos de Arcade ou ben chamar ao teléfono 986 700 822

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: