www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Xullo de 2019

Capoeira e batuka en Soutomaior
Cultura • 2/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A OMIX de Arcade oferta cursos de cociña e repostería, masaxe, capoeira e batuka de cara as vindeiras datas de Nadal. Está xa aberto o prazo de inscrición nos obradoiros así como de presentación de traballos par participar na VIII edición do concruso de postais de Nadal


A OMIX de Arcade ten aberto o prazo de inscrición en diferentes actividades que se van desenvolver durante as datas de Nadal. Así, entre os diferentes obradoiros que se realizarán no concello inclúense como novidades un de capoeira e outro de batuka orientado a maiores de 12 anos.


Os asistentes aprenderán a realizar movemento de artes marciais ou loita combinados con música e expresión corporal no primeiro dos casos mentres que os alumnos de batuka aprenderán bailes e escenografía con exercicios aeróbicos.


Impartiranse en horario de tarde na segunda quincena de decembro


Outras opción son un obradoiro de masaxe onde se impartirán contidos de reflexoloxía podal e masaxes en diferentes partes do corpo así como un curso de cociña e repostería que permitirá aos asistentes, que neste caso han de ser maiores de 16 anos, elaborar menús e sobremesas propias desta época do ano.


E como non, xa nos últimos días do ano os protagonistas serán os máis cativos coa celebración do ludonadal nas tardes do 23, 28, 29 e 30


Concurso postais de Nadal


Por outra banda está aberto ata o vindeiro 11 de decembro o prazo para participar nos concurso de postais de Nadal que o ano pasado xa superara os cincocentos participantes. Os traballos deben entregarse na OMIX no multiusos de Arcade e unha vez se dean a coñecer os premiados, todas as postais permanecerán expostas ata principios de xaneiro.


Máis información de todas as actividades na web de Soutomaior www.soutomaior.com ou ben no teléfono 986 700 822.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: