www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Xullo de 2019

O PP xa advertira da ilegalidade dos feitos que poden provocar a inhabilitación do alcalde
Institucional • 1/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Os concelleiros populares lembran que o seu grupo foi o único que se posicionou en contra na aprobación dun recoñecemento extraxudicial de créditos, por un importe de case 800.000 euros, no pleno do 26 de decembro de 2007. Fan fincapé en que o "bigoberno obviou o informe do interventor municipal que informaba de que os gastos eran ilegais e nulos de pleno dereito"

 


O PP lembra que o seu grupo xa advertira das irregularidades na contratación dunhas obras executadas no ano 2007 polas que actualmente a Fiscalía solicita a inhabilitación do alcalde Xaime Rei e o concelleiro de Urbanismo, Emilio González Iglesias.


Insisten en que eses gastos autorizáranse cos votos favorables de socialistas e nacionalistas obviando a actitude do Partido Popular, que se posicionou en contra, e o informe do propio interventor municipal que advertía que os gastos aprobados para eses traballos eran ilegais e nulos de pleno dereito"


A voceira do PP Francisca Canal asegura ademais que o interventor xa anunciara, a maiores, de que son responsables dos acordos das corporacións locais os membros das mesmas que votasen favorablemente, "neste caso, PSOE e BNG"


Os populares lembran que os feitos producíranse no pleno municipal do 26 de decembro de 2007, cando se aprobou un recoñecemento extraxudicial de créditos por un importe de 799.531,11 euros, correspondentes a varias obras executadas ese ano sen dispoñer de consignación orzamentaria. No debate plenario Canal xa puxera de manifesto que "se tratanba de gastos ilegais, produto de contratacións verbais e nulas de pleno dereito, tal e como se recolle no informe de Intervención".

Comentarios
Xaime Xaime
Martes 1 de Decembro de 2009 ás 20:08 horas
Tndrán cara este alcalde y concejales del PSOE y BNG, se les llena la boca de "Normas y Reglamentos" en cualquiera de los plenos municipales, y otros órganos y actividades administrativas, y que caigan en una prevaricación! Oi!!! Que susto le estais dando a las Galizas Bobas y Juventudes Sociolistas, en resumidas cuentas, Aprendices de Chorizos
Paquí... paquí...
Martes 1 de Decembro de 2009 ás 17:38 horas
...pero tendrán cara estos tíos, se les llena la boca de "legalidades" cuando, si no recuerdo mal, fue cuando ellos gobernaron que se concedió esa famosa licencia para una planta de hormigones en una parcela que no cumplía las condiciones legales para su implantación y que nos costará un buen pellizco su indemnización... vaya tela!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: