www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

O alcalde cambia a data do pleno para evitar unha protesta convocada pola Plataforma
Institucional • 23/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A sesión plenaria que de xeito ordinario celébrase o último mércores de casa mes está convocada para mañá martes ás 20:30 horas. A plataforma cidadá convocara un magosto n praza do concello para o mércores ás oito da tarde.

 


A voceira do PP, Francisca Canal asegura que o alcalde, Xaime Rei convocou aos portavoces dos partidos cun único punto dentro da orde do día: o cambio de data do vindeiro pleno. Asegura a edil popular que a única explicación do alcalde foi que "para a xornada do mércores 25 está prevista unha manifestación, polo que cría convinte celebrar a sesión outro día co fin de non atoparse con eles"


Canal entende que con este comportamento o rexedor local está a "amosar a súa incapacidade para xestionar os problemas da vila, agochándose dos veciños, sen dar a cara antes as posibles dificultades e inquedanzas destes". Neste sentido, a portavoz popular insta a Xaime Rei a que convoque o pleno para o mércores, día habitual, e "se enfronte aos verdadeiros problemas que están a sufrir os veciños, atendendo as súas demandas e non deixándoos de lado, fuxindo da realidade".


Lembra ademais que estes cambios nas datas dos pleno provocan trastornos nas axendas dos concelleiros e neste caso non está xustificado.


Magosto


A plataforma cidadá anunciou a pasada semana a celebración dun magosto o mércores 25 ás 20:00 horas na praza do concello. Un acto co que volvía convocar a todas as persoas e colectivos que estean interesados no problema da autovía para intercambiar información sobres as últimas novidades ao respecto así como de futuras actividades  desenvolver.

Comentarios
noe covelo
Martes 24 de Novembro de 2009 ás 18:27 horas
o concello de redondela cambio o pleno para o marte cando tenia que ser o mercoles por un motivo simple que tiene miedo a la plataformacidada .El señor alcalde dice que somo catro pero esto catro tiene acojonado o concello e dicir que esto bogernantes que temos non teñen valor e cojones tieñen medo
Merce
Martes 24 de Novembro de 2009 ás 16:09 horas
Non se trata de ningunha protesta, da Plataforma, nin manifestación como se dixo nalgúns medios, senón de celebrar un magosto entre amig@s e colectivos. Nada máis.
Víctor Manuel
Martes 24 de Novembro de 2009 ás 16:04 horas
A galiña Turuleca!!!!! Puxo, un ovo, puxo dous, puxo tres!!!! A Galiña Turuleca!!!!.. .. . . .
Víctor Manuel
Martes 24 de Novembro de 2009 ás 16:02 horas
Representan como moito aos electores que os lexitimaron a governar, que en todo caso, foron 2000 electores menos, que a lexislatura pasada, máis 1544 votos críticos que organizadamente votaron NULO, identificandose cunha papeleta común, na que se denunciaba a paralise, a cacicada, un sistema perverso, etc. . En Redondela rondamos os 30.000 habitantes, pero só 19.000 teñen dereito a voto, polo que hai 11.000 habitantes non representados, incluso entre a abstención, o voto nulo e o voto en branco, só un 40 % dos redondeláns, elixiron a toda a coorporación municipal. 21 concelleir@s.

Non teñen vergonza! Nin sequera para cambiar un pleno. Confirmanse as sospeitas, de a que criterio obedecían cambiar os plenos para as 09:00 hs. era para evitar público. Esto é de xulgado de guardia!!!!!!!

Arturo
Martes 24 de Novembro de 2009 ás 00:42 horas
Ademais, sírvense do poder para isto. Chamada da Subdelegación: "oes, que hai pedido permiso para unha concentración o mércores" , ah!, vale, cambio a data do pleno.
E iso que os da Plataforma sólo son "catro folloneros". Onde está a chulería aquela de pasar por diante da xente tomar café, para provocar? Seica a xente é bastante máis civilizada que estes individuos.
Xaimiño , fillo, vaite xa. Tes a legalidade, pero non a representatividade, non eres capaz de representarte nin a tí mesmo.
Cagazo
Luns 23 de Novembro de 2009 ás 12:39 horas
Eche boa...
A estes do Concello manchóuselles o calzoncillo co cagazo. Manda carallo, tanto fachendar e agora teñen medo á xente da Plataforma Cidadá (desde o meu punto de vista xente de esquerda que teñen un ideario máis consistente e sólido que Jaimito, Emiliño e Carliños xuntos).

O que hai que facer é unha gran cacerolada o martes ás 20:30 diante do concello para que se enteren estes pólítico galiñáceos. Vai ou non vai?

Por certo, estes a quen van representar e diante de quen van defender os intereses dos redondeláns (por exemplo cando va a Madrí) se mexan por eles co cagazo. Galiñas, pitas, pitas, pitas, pitas ,....
[1-6]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: