www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

"Uno sguardo" na Casa da Torre
Cultura • 20/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Irina Melero mostra as súas pinturas na Casa da Torre nunha exposición que pode visitarse ata o vindeiro 13 de decembro 


 A Casa da Torre acolle ata o vindeiro 13 de decembro a exposición de pintura "uno sguardo" da artista pontevedresa Irina Melero.


Unha mostra chea de miradas e de cor, a obra desta artista sorprende pola súa orixinalidade, innovando en canto a formas, técnicas e materiais.


Melero opta por empregar o ordenador e mostra as súas preferencias polo uso do rotulador así como do collage para realizar as súas creacións tan particulares.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: