www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

A policía científica investiga o incendio de Vilavella
Sucesos • 19/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños do número 1 da rúa Pai Crespo permanecían na mañá de hoxe sen subministro de luz, gas e auga. Unha vez rematen as pescudas policiais procederanse a realizar os primeiros arranxos no tellado para protexer o edificio das chuvias que se esperan de cara ás vindeiras horas


Axentes da policía científica desprazáronse na mañá de hoxe ao edificio número 1 da rúa Pai Crespo en Vilavella para recoller pistas e indicios que sirvan para coñecer a orixe do lume que na mañá de onde calcinou os trasteiros e a cuberta de uralita do inmoble.


Aínda que todo a punta a un posible curtocircuíto, xa que segundo explicou o concelleiro de seguridade, Eduardo Reguera, "nos trasteiros había arcóns, lavadoras e outros electrodomésticos, así como moito material inflamable que facilitou a propagación do lume" haberá que esperar a coñecer os resultados das investigacións que están a realizar os axentes. O edil explicaba ademais que ante o deteriorado estado no que quedou o edificio espérase que os operarios comecen a traballar canto antes na reparación do tellado.


O incendio orixinábase na mañá de onte e as lapas ocasionando importantes danos e obrigaba a desaloxar o edificio ata as 14.00 horas, momento en que os servizos de Protección Civil de Redondela, así como os Bombeiros de Vigo remataron os labores de extinción.  As explosións e as lapas provocaron unha forte preocupación entre os veciños da zona.

Comentarios
fita villaverde
Xoves 19 de Novembro de 2009 ás 19:40 horas
o culpable de incedio fue bin laden
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: