www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Clara Míguez e Anxo Alvarez gañadores do concurso Un conto de medo con Edgar Allan Poe
Cultura • 19/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Os relatos "Inexplicable" e "Noite sanguenta" foron os premiados no concurso convocado polas bibliotecas de Redondela. As historias gañadoras emitiranse na Radio Municipal


Os gañadores do concurso convocado polas bibliotecas de Redondela co gallo da conmemoración do bicentenario do escritor Edgar Allan Poe foron polo CEIP Outeiro das Penas de Cesantes, Carla Miguez Piñeiro co relato "Inexplicable", que se alzou co primeiro galardón e Anxo Álvarez Braños do CEIP Laredo de Chapela con "Noite sanguenta" quen levou o segundo premio.


O concurso estaba dirixido aos grupos de 6º curso de primaria dos colexios de Redondela que podían participar con un ou varios relatos inspirados na atmosferas, personaxes ou historias do escritor.


A entrega de premios estivo amenizada polo contacontos Mario Tomás "Marioneta" quen dramatizou as historias gañadoras que se emitirán na Radio Municipal.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: