www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

A Illa de San Simón exemplo de recuperación e promoción do patrimonio monumental de Galicia
Cultura • 19/11/2009
Autor: Lorena Otero

Así o puxo de manifesto o Conselleiro de Cultura nas xornada sobre patrimonio monumental que se celebraron onte na Illa de San Simón. Unha xuntanza na que Xaime Rei reivindicou a creación na Illa dun Centro de Estudos da Lírica Galego-Portuguesa en colaboración coas universidades galegas e portuguesas.


 


A rehabilitación e promoción dos castelos, torres e enclaves históricos será un dos principais obxectivos da Xunta na conservación do patrimonio cultural de Galicia. Para iso poranse en marcha distintas campañas de promoción e de educación que convertan este tipo de patrimonio nun reclamo turístico para a Comunidade. Este foi un dos principais compromisos que adquiriu o responsable do departamento de cultura da Xunta, Ricardo Varela, nas xornadas sobre Patrimonio Monumental "O Pasado ten futuro" que se celebraron durante a mañá de onte na Illa de San Simón.


Varela considerou a Illa como un bo exemplo do que se pode conseguir coa rehabilitación e posta en valor do patrimonio inmaterial de Galicia. Un punto de memoria histórica pero tamén un punto de atracción turística que xera riqueza para a comunidade e para o concello.


CORTE


Para conseguir a preservación e a difusión destes bens culturais o Director Xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rei Pichel, anunciou que durante esta lexislatura o goberno de Núñez Feijoo centrará o seu plan de actuación en dous piares, na difusión deste patrimonio, xa que non se pode protexer, o que non se coñece, porén, a Xunta, organizará cursos, publicacións, seminarios, para difundir a riqueza da cultura inmaterial de Comunidade, así como na intervención e conservación do Patrimonio, e para iso, a Consellería de Cultura, valorará a relevancia do ben, o seu estado de conservación, a existencia de estudos previos, así como o interese estratéxico, económico e político. Ademais de ter presente se pertence a un plan estratéxico de mercado.
Un compromiso cos bens inmateriais da comunidade, que segundo Rei Pichel se reflicte nas actuacións que a Xunta xa ten en marcha e vai desenvolver no futuro, como as actuacións sobre o Camiño de Santiago, que terán especial incidencia no Camiño Francés, no que se investirán dous millóns de euros para mellorar a accesibilidade o tránsito dos peregrinos, pero tamén fomentar a dinamización local dos 111 concellos que pertencen a ruta Xacobea e as súas preto de cincocentas parroquias. Tamén contemplan actuacións na Muralla de Lugo, un plan sobre as Catedrais Galegas, o Plan de Mosteiros, Castelos e Fortalezas, Portes Históricos, o Plan de Patrimonio Etnográfico, ademais do Plan de Patrimonio Etnográfico e o Desenvolvemento de Plans Directores. Unhas actuacións as que o Xefe Superior da Policía de Galicia, Luís M, García Mañá, engadía unha petición a de recuperar o Patrimonio oral histórico, como un elemento básico da nosa cultura, do que a Xunta, segundo dixo, non se pode esquecer, porén reivindicou do Conselleiro de Cultura así como do Director de Patrimonio, un compromiso firme para recuperar este patrimonio "que en ocasións queda relegado a un segundo plano".  


Na xuntanza, na que participaron máis de 40 alcaldes e concelleiros de Galicia, entre eles o alcalde de Redondela, Xaime Rei, e o de Soutomaior, Agustín Reguera, así como o Concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera , debateuse sobre o patrimonio monumental de Galicia dende o punto de vista xurídico, policial así como histórico e cultural. Todos os poñentes consideraron a colaboración entre a Administración Autonómica e os concellos, que dispoñen no seu territorio destes monumentos, como imprescindible para difundila, conservala e pola en valor, e deste xeito conseguir que se converta e non só unha ben cultural senón tamén de riqueza e de atracción turística.
Para iso o Alcalde de Redondela, Xaime Rei, apostou pola creación dunha Asociación Concellos con torres, castelos e enclaves históricos, para mellorar a súa conservación e así poder crear rutas turísticas, que permitan a chegada de visitantes a estes concellos, para iso, Rei, considerou fundamental, que se traballe conxuntamente cos operadores turísticos de Vigo e outras zonas, para conseguir fomentar estes espazos. O rexedor local tamén lle pediu a Xunta a creación dun Centro de Estudos da Lírica Galego-Portuguesa en colaboración coas tres universidades galegas e as do Alto Minho e Tras-Os montes.


 


 

Comentarios
Charlie Brown
Xoves 19 de Novembro de 2009 ás 11:35 horas
No me vengas a joder, Jaime. ¿Tu de patrimonio monumental? De risa María Luísa!!
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: