www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Adxudicadas as obras do Centro de Día de Redondela
Institucional • 18/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O centro, que ofertará corenta prazas -trinta de atención de día e 10 residenciais- podería estar en funcionamento a mediados do 2011

 


 


A empresa Construcciones Conde S.A. será a encargada de realizar os obras do Centro de día de Redondela, logo de que os traballos foran xa adxudicados pola Consellería de Traballo e Benestar.


Os responsables municipais confían en que as obras comecen de inmediato e que o centro, que ofertará corenta prazas, trinta de atención de día e dez residenciais, poida estar en funcionamento a mediados do 2011, xa que a adxudicación por valor de 1.667.742 euros conta cun prazo de execución de 16 meses.


O futuro centro instalarase nun solar de 3.300 metros cadrados nas inmediacións do peirao de Cesantes.


A actuación fora xestionada xa dende a Vicepresidencia de Igualdade e benestar que dirixía Anxo Quíntana, sen embargo un problema urbanístico obrigou a reformar o proxecto e a pospoñer a adxudicación das obras.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: