www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Cursos de alfabetización e formación de adultos
Cultura • 13/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Servizos Sociais ten aberto o prazo para matricularse no curso de formación de adultos que lles permitirá aos maiores de dezaseis anos sen titulación acceder á educación secundaria

 


 


Os cursos de Alfabetización de mulleres estranxeiras e de Alfabetización e Formación de Adultos/as organizado pola Concellaría de Servizos Sociais poñen en marcha o nivel II de alfabetización ou de consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais.


Estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de dezaseis anos sen ningunha titulación que desexen acceder a educación secundaria para persoas adultas, que queiran seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou ben potenciar a súa participación activa na  vida social, cultural, política ou económica.


Este curso é totalmente gratuíto, subvencionado en parte pola Consellaría de  Educación da Xunta de Galiza, e se leva a cabo os venres en horario de mañá.


Os interesados poden formalizar a matrícula no departamento de Servizos Sociais e Igualdade, na rúa Isidoro Queimaliños, nº 2, onde lles ofrecerán información detallada.


Para máis información consultar a páxina de Servizos Sociais do Concello de Redondela ou  o teléfono 986 40 26 08.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: