www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 10 de Agosto de 2020

Redondela recibirá 3'2 millóns de euros do novo Fondo Local para o Emprego
Institucional • 11/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, anuncia na súa visita a Redondela a achega de 3'2 millóns de euros do novo Fondo Local Para o Emprego. As obra do Plan E crearon no concello un total de 238 emrpegos


O delegado do goberno en Galicia Antón Louro anunciou na visita que na mañá de hoxe realizou a Redondela que o noso concello percibirá 3'2 millóns de euros do novo Fondo Local. Unha cantidade que se suma aos 5'3 millóns que o noso municipio recibira xa do Fondo Estatal de inversión Local e que permitiron a contratación dun total de 238 traballadores.


Entre as obras realizadas con cargo a a este Fondo do Plan E, atopamos a humanización de varias rúas, o paseo fluvial do Maceiras, a adecuación de diferentes infraestruturas deportivas e a realización de varias obras de saneamento. Xaime Rei destacou precisamente este investimento, xa que segundo afirmou o 40% dos cartos recibiron destináronse a dotar de saneamento a aquelas parroquias que aínda carecían deste servizo esencial e asegurou que unha vez rematadas o 90% dos veciños do municipio contarán con saneamento


Antón Louro, acompañado por el subdelegado del Gobierno en Pontevedra, Delfín Fernández, e do  alcalde de Redondela, Xaime Rei, visitou entre outras as obras de humanizacións nas rúas Pai Crespo, José Regojo, Isidoro Queimaliños e Espíritu Santo así como no paseo fluvial do río Maceiras.

Comentarios
concordo
Mércores 11 de Novembro de 2009 ás 20:05 horas
concordo con arturo, é máis, de que vale invertir en cemento e deixar de lado os sectores produtivos? Nesta ocasión hai oportunidades de crear economía produtiva, sustentable e non sei que máis. Non deixen pasar a oportunidade de facer algo que cumpra os tres obxectivos que apunta Arturo.
Arturo
Mércores 11 de Novembro de 2009 ás 19:28 horas
"1º Obxectivo: Crear empleo" . Di que as obras empregaron a 238 persoas, pero non que sexan todos empregos de nova creación, eu penso que non é asi. En todo caso, empregos lixo, xa que duraron un par de meses (cada tramo é unha empresa distinta). Ademais, ao ver sair esas furgonetas cargadas de portugueses, eu non sei ónde se crea o emprego. Ou acaso o do sinal do funil é de Redondela?
"2º Obxectivo: Dinamizar a economía" Dinamizaría a economía das grandes construtoras que colleron os contratos e logo subcontrataron, xa que logo, a economía de Redondela, en lugar de dinamizala paráronna bastante, e sinón que lle pregunten aos comerciantes.
"3º Obxectivo: Redundar no benestar dos cidadáns" . Si a maioría das obras son de saneamento, e a depuradora non pode co verquido ata o de agora, en canto se conecten todas estas novas vivendas, qué vai pasar? Non sería mais lóxico incrementar a capacidade da depuradora primeiro? O benestar é ver o Alvedosa cheo de merda? O benestar é reventar os pneus ao pasar por Redondela? En fins, pensan estes que somos parvos, e un pouco debemolo ser, xa que tragamos co que nos boten: "En Redondela non hai problemas de tráfico" Eduardo dixit.
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: