www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

VIII Concurso de Postais de Nadal en Soutomaior
Cultura • 11/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A OMIX organiza este concurso no que poden participar todos os que o desexen e que presenten os seus traballos antes do 11 de decembro. As bases pódense consultar no enderezo www.soutomaior.com/xuventude


A Concellería de Xuventude de Soutomaior convoca a VIII Edición do Concurso de Postais de Nadal. Haberá cinco categorías por idades desde os 3 anos en diante. Este ano auméntanse os premios e en cada categoría premiarase catro postais. Tamén haberá un agasallo para todas as persoas que participen no concurso e asistan á entrega de premios.


As postais deberán presentarse na OMIX, Multiusos- R/ Peirao, 8 - 36690 Concello de Soutomaior. O prazo de presentación comeza o 11 de novembro e remata o 11 de decembro ás 20,30 h.


A entrega de premios realizarase no Multiusos en Arcade o venres 18 de decembro


Desde a Concellería de Xuventude animamos aos veciños e veciñas a participar neste concurso. As bases pódense pedir na OMIX ou descargarse da web www.soutomaior.com/xuventude

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: