www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A campaña Palabras do Ar achega aos escolares obradoiros de escrita e oralidade.
Cultura • 10/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Un total de 800 alumnos menores de once anos está a participar nas actividades do programa Bocaberta da Concellería de Normalización Lingüística de Redondela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística


Durante toda a semana esta iniciativa que desenvolve a editorial Kalandraka dentro do programa "Bocaberta"  da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, achegará a 800 escolares de diferentes centro educativos do municipio obradoiros de oralidade e de escrita creativa.


As actividades están orientadas a rapaces ata os once anos de idade dos Colexios de educación Infantil e Primaria Alexandre Bóveda, Laredo, Trasmañó, Cedeira, Santa Marina, Quintela, Outeiro das Penas, Igrexa de Chapela, Porto Cabeiro, Santo Paio de Abaixo así como ás escolas da Marisma, San Pedro de Cesantes e Ventosela. A evolución das actividades pódese seguir diariamente a través da web www.palabrasnoar.org.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: