www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Outubro de 2019

Urbaser expedienta ao seu delegado de persoal pola paralización dun camión
Institucional • 30/06/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O traballador, suspendido de emprego e soldo, asegura que foi atropelado por un vehículo da recollida do lixo e anuncia que recorrerá a sanción.


A dirección de Urbaser sanciona ao delegado de persoal, Víctor Manuel Fuentes Viaño a un mes de suspensión de emprego e soldo por interromper supostamente durante corenta minutos o paso dun camión da empresa concesionaria da recollida do lixo en Redondela o que califican como “falta moi grave, fraude, deslealdade e abuso de confianza no traballo”


Os feitos teríanse producido o día 19 de abril cando, segundo a denuncia da empresa, o operario paralizou durante máis de 40 minutos o paso dun camión na rúa Xeneral Rubín.


Uns feitos que o delegado de persoal nega rotundamente xa que afirma que esa noite “foi atropelado por un camión de recollida do lixo, cando circulaba en bicicleta polo centro urbano”. Asegura Fuentes Viaño que “o camión que o precedía non gardou a distancia de seguridade, incluso se acercou intencionadamente, dando aceleróns, e rematou alcanzándoo”.


Fuentes Viaño relaciona estes feitos coa negociación do convenio colectivo e sobre todo “cos últimos requerimentos de Inspección de Traballo, tras as denuncias feitas polo delegado de persoal, ao vulnerar Urbaser o dereito dos traballadores e do seu representante, a participar na elaboración do Plan de Prevención da empresa”. O delegado de persoal anuncia que recorrerá xudicialmente a sanción imposta por Urbaser.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: