www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Canal abandona a presidencia do PP local "satisfeita por deixar un partido saneado"
Institucional • 6/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Anima a outros representantes políticos a seguir os seus pasos porque segundo asegura "un político non debe aferrarse ao posto e debe deixar lugar á xente nova"

 


A voceira do PP Francisca Canal asegura que a decisión de abandonar a presidencia do PP foi unha "decisión tomada ao longo do tempo". Afirma deixar a presidencia coa satisfacción de deixar un partido saneado e estruturado no ámbito local, sabendo que a persoa que tome o relevo será o vindeiro candidato ás eleccións municipais do 2011, comicios nos que, ao seu entender, o PP recuperará a alcaldía do municipio


Sobre o seu substituto en ambos os dous cargos, como candidato á alcaldía e como presidente do partido en Redondela, aínda que se baralle o nome do que fora no segundo posto da lista, o popular, Alberto Pazos, e xa ex- presidenta do PP prefire non dar pistas sobre o futuro aspirante á alcaldía porque "é unha decisión que lle compete ao Presidente provincial"


Canal anima a outros políticos, cunha longa traxectoria no ámbito local e provincial, a adoptar decisión semellantes e deixar paso a xente e a ideas novas porque ao seu entender nun partido debe existir constante renovación

Comentarios
plataformacidada de redondela
Venres 6 de Novembro de 2009 ás 19:05 horas
tamen o bng caira de morros algun dia por non escoita os veciños e non asimilar que non queremos autovia que no vale para nada e que e un gasto de 223 millones de euros tonta mente
Arturo
Venres 6 de Novembro de 2009 ás 16:30 horas
O que me faltaba a mín e recoñecer un acto de Paqui. Extrana moito que sexa unha retirada voluntaria, non sei, non sei. Non lle amosarían a porta aberta?
Miguel
Venres 6 de Novembro de 2009 ás 15:33 horas
Algúns deberán tomar exemplo. Carlos Pazos apesta a caducado. O BNG cae empicado e dende a esquerda amosan, máis apego aos sillóns que a dereita. É hora de renovar, ou de Voto NULO?
María dos Anxos Bobaro
Venres 6 de Novembro de 2009 ás 15:21 horas
"é unha decisión que lle compete ao Presidente provincial". Entón as bases de Redondela non teñen soberanía para elexir ao seu candidato? Porque non vos presentades ao Festival de Títeres, en vez das municipais? Menuda democrácia. Cambiar a Paqui por un paracaidista? Vaise dar de morros como lle aconteceu a Conde, ou Amado!
[1-4]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: