www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Obradoiro de cociña de Nadal anti-crise
Cultura • 6/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Os asistentes aprenderán a preparar receitas atractivas e económicas grazas ao emprego de produtos de tempada. Desenvolverase na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda os luns 9,16 e 23 de novembro e o 7 de decembro


 


Impartido pola cociñeira profesional Elena Arguello, terá lugar na Sociedade Labrego-Cultural de Reboreda os días 9, 16 e 23 de novembro e 7 de decembro en horario de 17:00 a 19:00h organizado pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade


Con este curso a Concellería pretende que nestes momentos de crise poidamos preparar pratos atractivos aproveitando os  produtos de temporada e engadindo un pouco de imaxinación.


Os interesados en participar poden anotarse directamente na Sociedade Labrego Cultural ou nas propias oficinas de Servizos Sociais en Isidoro Queimaliños.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: